VIII GALEUSCA HISTORIA
Neste VIII GALEUSCA HISTORIA queremos reflexionar arredor dalgúns fitos históricos cuxo aniversario se celebra o vindeiro ano 2026 e que afectan especialmente aos países da rede GALEUSCA.
En primeiro lugar, cumpriranse 150 anos da fin da última Guerra Carlista (1872-1876), que nos servirá para abordar as consecuencias dos cambios políticos acontecidos entre o Sexenio Democrático e o inicio do réxime restauracionista.
Por outra banda, celebrarase o 90 aniversario da aprobación do Estatuto Vasco de 1936 (1 de outubro) e do plebiscito do Estatuto de Autonomía de Galiza (28 de xuño), ofrecéndose a oportunidade de contrastar e valorizar o contexto do momento, e mesmo poñelo en relación co desenvolvemento da Autonomía catalá, vixente daquelas, desde o ano 1932.
Da mesma forma, cumpriranse 90 anos da sublevación militar fascista española e do comezo da Guerra, o que nos dará pé
a estudar os feitos bélicos acontecidos nos territorios de GALEUSCA, o seu desenvolvemento político e as distintas formas de represión física, política, económica ou profesional que exerceu o réxime franquista, así como o estudo do exilio forzado das e dos demócratas dos pobos catalán, galego e vasco.
Mais tamén aproveitaremos este VIII GALEUSCA para homenaxear a un dos impulsores desta rede, o profesor Joseba
Agirreazkuenaga, pola súa longa traxectoria. Tendo en conta que unha das principais achegas de Joseba Agirreazkuenaga é
a revitalización da historia institucional, abordaremos a análise sobre a xestación e evolución de institucións galeuscadianas de todo tipo: políticas, sociais, culturais, etc.

INFORMACIÓN
Abrimos un CALL FOR PAPERS para a recepción de propostas de comunicación, que finalizará o 15 de xuño de 2026. Os interesados e interesadas deben enviar un correo electrónico ao enderezo-e galeusca2026@gmail.com, indicando a autoría da comunicación, o título da mesma, a súa filiación, contacto e a liña temática na que se encadra.
Os eixos temáticos do congreso serán os seguintes:
- Un percorrido pola Historia: Institucións. 150 anos da Lei de 21 de xullo de 1876. Institucións políticas, sociais, culturais
etc. de Galeusca. - Un percorrido pola Historia: Autonomías. 90 anos do Estatuto Vasco. 90 anos do Plebiscito de Autonomía de Galiza.
Iniciativas e procesos autonómicos na época contemporánea. - Un percorrido pola Historia: Guerras. 150 anos do final da última Guerra Carlista. 90 anos da Guerra Civil.
- Un percorrido pola Historia: Represións e Exilios. Formas de represión política, económica e profesional. Exilio de Galeusca.
Con posterioridade, e con data límite do 1 de setembro de 2026, cada un dos autores/as das comunicacións, enviarán un resumo da intervención de 500 palabras máximo, coa finalidade de que os asistentes ao congreso poidan coñecer o contido de cada unha das comunicacións previamente
A entrega definitiva dos textos para a súa publicación terá como data límite o 30 de novembro de 2026, co formato que se comunicará en próximas circulares.
Acceda ás actas de Galeusca a través do seguinte link.
EDICIÓNS ANTERIORES
VII Galeusca Historia
Un siglo de naciones
galeuscanas
5 y 6 de octubre de 2023
Universidad de Santiago de Compostela

IV Galeusca Historia
Identidades nacionales y nacionalismos del estado español en la época contemporánea
5, 6 y 7 de julio de 2017
Universitat de les Illes Balears

I Galeusca Historia
Entre la construcción nacional y la represión identitaria
10 y 11 de diciembre de 2010
Barcelona – Museo de Historia de Catalunya

VI Galeusca Historia
De la primavera de las naciones a la Guerra Fría (1917-1947)
28 y 29 de octubre de 2021
Campus Catalunya URV

III Galeusca Historia
Exilios, migraciones
y fronteras
18 y 19 de septiembre de 2015
Universidad de Coruña
V Galeusca Historia
La memoria pública de la guerra civil el franquismo y la transición (1936-2019)
17 y 18 de octubre de 2019
Gernika-Lumo – Elai-Elai Aretoa

II Galeusca Historia
Naciones en el estado-nación: la formación cultural y política de naciones en la Europa contemporánea
3 y 4 de julio de 2012
Bilbao

REXISTROS
ORGANIZADOR & PATROCINADORES
Organizador:
O Centro Ituna de Documentación e Investigación sobre o Acordo Económico e as Tesourerías Rexionais foi fundado en 2007 tras a sinatura dun acordo de colaboración entre o Consello Provincial de Bizkaia e a Universidade do País Vasco / Euskal Herriko Unibertsitatea.
Desde a súa creación, o Centro ofrece un servizo de documentación co obxectivo de compilar información, racionalizar, analizar e difundir o coñecemento académico sobre o Acordo Económico, as finanzas rexionais, o sistema fiscal vasco e, en xeral, os sistemas de federalismo fiscal ou de descentralización fiscal e financeira.
Patrocinadores:






